A.C. Red Band GA

A.C. Red Band GA
Tipo de proxecto
Proxecto de investigación
Organismo financiador
Acciós Cooperación da Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia. Cofinanciado pola UE
Entidades participantes
Financiera Maderera, S.A. (Finsa) e Viveros del Norte (V Norte)
Período
2024 – 2026
Equipo de investigación
Resumo

Orzamento: 173.000 €

Resumo: Actualmente, son múltiples as ameazas que ameazan os piñeirais galegos (nematodo do piñeiro, fusarium, bandas...). Nos últimos anos, as bandas vermellas e marrón están a provocar graves danos nos piñeirais galegos, principalmente nos piñeirais de insigne. Nesta especie as bandas poden provocar a morte das árbores. No caso do piñeiro do país, os danos non son tan graves, aínda que poden reducir o seu crecemento. A presente actuación pretende, por unha banda, seleccionar posibles candidatos de piñeiro insigne para a resistencia á banda e, por outra, tomar datos sobre a susceptibilidade á enfermidade, tanto en ensaios de proxenie adulta establecidos no campo hai máis de dúas décadas, coma en ensaios de proxenie de ambas especies que se van instalar ao longo desta acción. No caso do piñeiro do país, tamén se establecerá un ensaio de procedencia para comparar a susceptibilidade da poboación de mellora galega coa doutras procedencias da especie. Ao remate da acción de cooperación prevese obter un maior coñecemento do grao de susceptibilidade das procedencias de pinaster, así como dos compoñentes das poboacións de mellora de pinaster e radiata. Os resultados que se pretenden acadar nesta acción van permitir dispor nun futuro próximo de árbores resistentes ou menos susceptibles á enfermidade causada polas bandas o que repercutirá nunha maior resiliencia do sector forestal galego.

Descargar