PLANFORLAB

PLANFORLAB
Rede de bosques laboratorio con planta mellorada para aumentar a resiliencia e a
produción nos montes de coníferas
Tipo de proxecto
Proxecto de innovación de interese xeral por grupos operativos supra-autonómicos
Organismo financiador
Plan Estratéxico da PAC 2023-2027, con fondos procedentes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) (20%) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) (80%)
Entidades participantes
AFG (coordinador), FAFCYLE, CFPV, COSE, TRAGSA, FEUGA, CIF LOURIZÁN, NEIKER, FUNgeUVA, CSIC-INIA
Período
Xullo 2024 - Abril 2027
Equipo de investigación
Investigador principal
Christophe Orazio
Resumo

Orzamento: 599.134,24 

PLANFORLAB é un grupo operativo cuxo obxectivo é mellorar a saúde e produtividade dos bosques de coníferas a través de innovacións en material xenético (Material Forestal de Reprodución, MFR) e prácticas de selvicultura adaptativa. Utilizando o concepto de bosque laboratorio, o proxecto busca fortalecer a resistencia dos montes fronte a pragas, enfermidades e o cambio climático, beneficiando aos produtores de madeira.

O proxecto céntrase no desenvolvemento de plantas melloradas de Pinus pinaster, Pinus radiata e Pinus sylvestris, utilizando material xenético innovador. Ademais, PLANFORLAB creará unha rede dixital para intercambiar experiencias e resultados sobre mellora xenética e estratexias contra patoloxías forestais. 

O proxecto alíñase cos obxectivos da Asociación Europea para a Innovación (AEI-agri), promovendo a sustentabilidade, adaptación ao cambio climático e competitividade do sector forestal.

Obxectivo principal:

Desenvolver novas plantas forestais melloradas e optimizar a xestión sostible dos bosques de coníferas produtores de madeira, orientándoa cara a modelos resilientes fronte a patoloxías nocivas e ao cambio climático.

Maís info: https://planforlab.es/

 

Descargar