- Inicio
- Centro
- Departamentos
- Departamento de silvicultura e mellora
As actividades de investigación actuais teñen os seguintes obxectivos:
Incrementar
o coñecemento sobre a variabilidade xeográfica das poboacións de algunhas especies para planificar a conservación e o uso dos seus recursos xenéticos.
Realizar
a mellora e a seleción de materiais de reprodución das especies forestais de interese para o bosque plantado.
Caracterizar
das variedades de castiñeiro orientadas á produción da castaña, os seus polinizadores e portainxertos.
Antecedentes
- 1955: Inicio cos ensaios de procedencias de piñeiro bravo (Pinus pinaster)
- 1977: Convenio INIA-USDA introducción de especies americanas (Pseudotsuga menziesi)
- 1985: Inicio do Plan Básico de Mellora Forestal centrado nas especies Pinus pinaster, Pinus radiata, Betula celtiberica e Prunus aviumfinanciado pola Dirección Xeral de Montes.
- 1989: Se inicia a caracterización da colección de clons de castiñeiro híbrido (Castanea crenata x Castanea sativa) e a recolección e caracterización das variedades tradicionais de castaña. Creación do laboratorio de cultivo in vitro e do primeiro invernadoiro de estaquillado e aclimatación.
- 1995-2006: Ensaios de procedencias de especies autóctonas, creación de infraestruturas de mellora xenética (laboratorio de xenética molecular, invernadoiros, rede de fincas experimentais) cofinanciadas con fondos FEDER, Proxectos de I+D Europeos (EUDIREC, W-BRAINS, CASCADE, TREEBREEDEX), colaboración con EUFORGEN, contratos posdoctorais.