Herbario Micoteca e Insectario

Herbario Micoteca e Insectario

O CIF de Lourizán son as coleccións científicas que acolle: flora, fungos e insectos. Trátase dun patrimonio de incalculable valor, tanto científico como histórico, que recolle unha boa mostra da inmensa biodiversidade de Galicia.

Foi creado en 1943. Abarca o herbario de plantas vasculares, Herbario LOU con 65000 pregos, e a micoteca LOU-Fungi que inclúe 15000 achegas.

Actualmente, o CIF de Lourizán dispón de máis de 85.000 pregos de plantas vasculares, 25.000 de fungos e máis de 8.000 de insectos de diferentes ordes.

O material máis antigo, que corresponde ao herbario do P. Baltasar Merino con 12.000 pregos, pertence á Compañía de Jesús. A obra Flora Descritiva e Ilustrada de Galicia (1905-1909) está baseada neste herbario. Posteriormente, P.J. Manuel Laínz contribuíu coa incorporación de novo material.

Ás coleccións xa mencionadas de Merino e de Laínz únense a de Gómez Vigide (14000 exemplares) .  Respecto a material micolóxico destacan a de #Luis Freire García, a de Fernández de Ana Magán, Freire e Castro Cerceda. E respecto a a de insectos sobresaen as coleccións de coleópteros da doutora María Josefa Lombardero e a de grilos da asociación Biodiversidade en Galicia; así como outros exemplares de diversas familias achegados por investigadores do CIF de Lourizán.

O herbario os fungos e insectos dispón dun sistema de almacenamento con humidade e temperatura controlada e periodicamente faise o control de pragas. Nestes momentos está a se informatizar para que estea dispoñible nunha base de datos.

O herbario dispón dun servizo para a consulta e préstamo de pregos por parte do persoal investigador que o solicite, así como a incorporación e envío de pregos de intercambio con outras institucións similares.