Cerdeira

Cerdeira

Clons rexistrados de cerdeira

As plantacións para madeira deberán realizarse con clons de calidade forestal demostrada, aprobados como materiais forestais de reprodución e que estean adaptados ao solo e ao clima das zonas de destino. 

Para certificar un clon é necesario demostrar en ensaios a súa superioridade por crecemento, forma e resistencia a enfermidades. Ademais deben ser identificados con marcadores moleculares e por caracteres fenolóxicos e morfolóxicos das árbores, das follas, das flores e dos froitos.

Unos dos resultados prácticos de cara ao sector é o rexistro dos dous primeiros clons de cerdeira no Catálogo Nacional de Materiais Forestais de Reprodución (MFR) na categoría “cualificado”; o primeiro en 2011 (Prunus avium Lourizán-1) e o segundo en 2012 (Prunus avium Lourizán-2). 

No ano 2017 tramitouse toda a documentación para incluír 3 novos clons como MFR (Prunus avium Lourizán-3, Prunus avium Lourizán-4, Prunus avium Lourizán-5).

Mais info