-
- Áreas
- Área de protección forestal
- Proxectos
- NATURGY - CIF LOURIZÁN
NATURGY - CIF LOURIZÁN
NATURGY - CIF LOURIZÁN
Convenio de colaboración I+D+i
Tipo de proxecto
Convenio de colaboración I+D+i
Entidades participantes
Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e UFD Grupo Naturgy
Período
2025 - 2027
Equipo de investigación
Investigador principal
Área de protección forestal
Resumo
Orzamento : 157.346 euros
Resumo: A acumulación de biomasa vexetal baixo as liñas eléctricas pode converterse nun factor de risco durante a tempada de alto perigo de incendios. Por este motivo, a correcta xestión da vexetación nestas zonas é clave para a prevención, evitando que o crecemento descontrolado da flora se converta en material combustible que favoreza a propagación do lume. Neste sentido, o convenio permitirá testar solucións innovadoras que minimicen a necesidade de intervencións mecánicas frecuentes, reducindo así o impacto ambiental e mellorando a eficiencia dos traballos de mantemento.
Obxectivo: Os ensaios de campo previstos avaliarán diferentes métodos para controlar o crecemento da vexetación, como o uso de mulch de vexetal e lá de ovella, a instalación de mallas biodegradables ou a introdución de especies vexetais de baixo porte que actúen como cobertura natural. Ademais, analizaranse os efectos destas prácticas na biodiversidade, na calidade do solo e na prevención da erosión.
Esta colaboración permitirá definir protocolos eficaces que poderán ser aplicados noutras zonas con características similares, mellorando a compatibilidade entre a xestión da vexetación, a seguridade das infraestruturas eléctricas e a conservación ambiental.