Piñeiro bravo
Os hortos de semente clonais (HS Sergude e HS Monfero, 116 clons, MFR cualificado) instalados en 1995 permitiu ao CIF Lourizán seleccionar os 79 mellores xenotipos con base no crecemento e rectitude, e establecer outro horto de semente clonal (HS A Braxe, 79 clons, MFR controlado). A semente que se vai recoller neste horto ten unha ganancia de preto dun 3% en rectitude comparada coa obtida dos hortos de semente cualificados de Sergude e Monfero,
Os hortos de semente (HS de Gomesende e HS Lalín) incluídos en 2016 e 2019 respectivamente no Rexistro Galego de Materiais de Base e no Catálogo Nacional de Materiais de Base para a produción de MFR controlado (etiqueta azul).
Ambos os dous foron plantados en 1995 como ensaios de proxenie do programa de mellora do CIF Lourizán. A toma de datos aos 7 e 15 anos de idade nunha serie de ensaios de proxenie.
Familias de piñeiro pinaster con alta supervivencia á enfermidade ao nematodo do piñeiro. Estas familias incluíronse no 2020no Catálogo Nacional de Materiais de Base. Tratase de 6 proxenitores de familias, con códigos PF-Q-26/15/001, PF-Q-26/15/002, PF-Q-26/15/003, PF-Q-26/15/004, PF-Q-26/15/005, PF-Q- 26/15/006, que garante a calidade da súa semente para ser utilizada en plantacións forestais. Ademais de ser tolerantes ao nematodo, estas familias caracterízanse por presentar unha boa produción de madeira.