A.C. PINGA

A.C. PINGA
Tipo de proxecto
Proxecto de investigación
Organismo financiador
Acción Cooperación da Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia. Cofinanciado pola UE
Entidades participantes
Financiera Maderera, S.A. (Finsa)
Período
2024 – 2026
Equipo de investigación
Resumo

Orzamento: 173.000 €

Resumo: O Centro de Investigación Forestal de Lourizán conta dende finais dos anos 80 cun programa de mellora xenética do piñeiro no país. Actualmente están dispoñibles datos sobre crecemento, forma, propiedades da madeira e resistencia ao nematodo da madeira para a maioría das proxenies do programa. Agora é o momento de avanzar e seleccionar árbores para a próxima xeración de mellora. Para seleccionar os de maior interese para a industria, e polo tanto para o sector, esta actuación conta coa colaboración de Finsa para determinar os caracteres de maior interese para levar a cabo a selección da nova xeración. Ademais, dado que o seu persoal adoita estar no monte comprando madeira, contarase coa súa colaboración para seleccionar piñeiros do país candidatos á resistencia ás bandas vermellas e marrón. Esta acción de cooperación permitirá avanzar no programa de mellora do piñeiro no país de Galicia, que repercutirá no sector forestal galego, xa que no futuro será posible contar con novos hortos de semente ou proxenitores de familia con maior ganancia xenética.

Descargar