-
- Áreas
- Área de silvicultura e mellora xenética forestal
- Proxectos
- A.C. SOUTOXEN
A.C. SOUTOXEN
A.C. SOUTOXEN
Tipo de proxecto
Proxecto de investigación
Organismo financiador
Acción Cooperación da Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia. Cofinanciado pola UE
Entidades participantes
Asociación Forestal de Xestión Conxunta de Tuxe, Asociación Forestal de Xestión Conxunta de Cambela, Asociación Forestal de Xestión Conxunta de Parada do Sil
Período
2024 – 2026
Equipo de investigación
Resumo
Orzamento: 166.520 €
Resumo: O obxectivo principal da acción de cooperación é realizar o xenotipado, mediante técnicas NGS (Next Generation Sequencing) de última xeración, de variedades tradicionais de castiñeiro nos montes que están incluídos dentro das Asocicacións Forestais de Xestión Conxunta (AFXC). A finalidade do proxecto é revalorizar as masas consolidadas de frondosas autóctonas de castiñeiro, identificando as variedades que se cultivan nos montes de Tuxe, Cambela e Parada do Sil, definindo sinonimias e o parentesco entre variedades, así como coñecer a diversidade e estrutura xenética dos nosos soutos.
Con este proxecto, ademais de recuperar as nosas variedades tradicionais de castiñeiro, que son a base do noso patrimonio vexetal, búscase xerar valor e diferenciación das producións. Desde un punto de vista práctico, coa información xenética obtida dos soutos poderase facer unha mellor xestión dos mesmos xa que se coñecerán cales son os xenotipos mais interesantes para a produción de castaña e os seus derivados.