O CIF DE LOURIZÁN, O MELLOR DE EUROPA

O CIF DE LOURIZÁN, O MELLOR DE EUROPA

O CIF DE LOURIZÁN, O MELLOR DE EUROPA

Declaracións da Conselleira, programa de radio Hora 14 de Radio Pontevedra (Cadena SER)

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, anuncia que o informe relativo ao plan de prevención e defensa contra os incendios forestais para este ano 2018 será analizado o xoves12 de abril polo Consello da Xunta co obxetivo de que en maio estea todo organizado.

Esta foi a última comparecencia na comisión de estudo sobre os incendios forestais do pasado mes de outubro, que arrasou case 50.000 hectáreas e supuso a morte para catro persoas. A conselleira incidiu na elevada intencionalidade dos lumes e mostrouse partidaria de que actúe a xustiza e que se poidan endurecer as penas.

Ademais, a conselleira do Medio Rural destacou como fundamental o papel da investigación para acabar cos incendios, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que é o mellor de Europa e que hai que potenciar.

Pódense escoitar ao completo as súas declaracións no seguinte enlace:

http://cadenaser.com/emisora/2018/04/04/radio_pontevedra/1522853210_577…